O Carballiño comeza o Entroido con comadres e compadres e festa infantil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño comezou a celebración do Entroido por todo o alto, e fíxoo estreando unha novidade: o venres de comadres e compadres. A Praza Maior acolleu unha disco móbil para amenizar esta festa, na que premiou a orixinalidade desa primeira noite. Houbo que facer fronte á choiva e animárse a sacar os seus disfraces para participar no concurso no que os premios foron doados pola hostalaría local para apoiar esta iniciativa, que chegou para quedarse en anos próximos. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Xa durante a fin de semana, foi a quenda dos máis pequenos, que tiveron todo o sábado unha festa de entroido infantil. Comezaron por un obradoiro de máscaras e complementos, unha batucada e como non podía ser doutro xeito tamén tiveron o seu propio concurso de disfraces. Este foi so o aperitivo, porque a semana comeza chea de actividades para todas as idades, entre elas o desfile de comparsas mañá martes. 

PUBLICIDADE