Arteficial presenta a súa nova edición en Lugo e Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • O festival xa conta con data para a súa nova edición
  • Arteficial organizará este 2024 dous eventos, un en Ourense e outro en Lugo, a modo de presentación do seu festival
  • A asociación colaborou no podcast madrileño “Cultura con Acento. La Casa Encendida”, creando redes con outras organizacións culturais do país

O XVIII Festival Arteficial, que se celebra na contorna da Igrexa da Madalena, no casco antigo de Ribadavia (Ourense), xa conta con data de realización. Seguindo a estela das anteriores edicións, o evento desenvolverase o primero sábado do mes de setembro, nesta ocasión, coincidindo co día sete.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para a presentación desta nova edición, Arteficial organiza o 16 de marzo un evento en Lugo e outro en Ourense. A artista Surma actuará ás 13:00 horas no local lucense Ho!Gruf e ás 21:00 horas a festa trasladarse a Ourense ao Cafe & Pop Torgal. As entradas pódense adquirir na páxina www.tor.gal.

A elección desta artista lusa  para as presentacións non é froito da casualidade, xa que Arteficial, nos últimos anos, buscou tecer redes cuturais co noso veciño Portugal, coa intención de mostrar ao público galego o talento que existe neste país. Surma debutou no 2017 co seu primeiro traballo”antwerper”, co cal realizou unha xira de tres ano que a fixo actuar máis de 200 veces en 15 países. Agora, presenta o seu novo disco “alla”, que mostra unha fresca e renovada Surma, presentado ao público unha nova estética.

A artista caracterízase por crear o seu propio universo mesturando jazz, electrónica e moitas outras influencias para crear unha forte identidade e un son e unha fonética únicos, que nos poden levar de viaxe sonoro dende os fiordos noruegos ata as cidades máis cosmopolitas. Surma foi galardonada en diferentes ocasións, respaldando a súa música, ideas e personalidade.

Por outra banda, algúns membros da asociacións tamén participaron no pasado mes de decembro no podcast “Cultura con Acento. La Casa Encendida Radio” (proxecto promovido por La Casa Encendida, centro social e cultural do centro de Madrid). Convidados polo colectivo Nada e por Galaxxia, estes representantes de Arteficial, xunto con membros do colectivo Invertebrados, de Logroño, falaron sobre cultura, proxectos, arte e moito máis arredor do concepto de “(dis)continuidades”. Este episodio do podcast pódese atopar en Spotify: