O grupo socialista lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do centro de saúde de a Ponte -Ourense-

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, Carmen Rodríguez Dacosta, Elena Espinosa Mangana e Silvia
Longueira Castro, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160
do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
O déficit de pediatras en diversos centros de saúde da provincia de Ourense é
un tema recorrente, que derivaron en recollidas de sinaturas, mobilizacións e
protestas dos pais e nais afectados por esta situación que lles provoca un
grave prexuízo e que este grupo parlamentario denunciará neste período de
sesións
En relación co centro de saúde da Ponte, o barrio más poboado da cidade de
Ourense, dos catro pediatras que prestaban servizo antes da pandemia
pasaron posteriormente a ser só dous facultativos.
Especialistas que están saturados, tardan quince días en consultar os nenos e
nenas. Situación que provocou que no mes de marzo ante a perda de un
servizo pediátrico, co fin de facer oficial a necesidade de máis especialistas os
afectados recolleron sinaturas no colexio do barrio da Ponte.
En épocas de gripe e outros virus a situación de desatención volveuse
inasumible. O persoal sanitario do centro esta a facer todo o que pode para
suplir as carencias expostas, sen que perciban por parte da Administración
vontade de arranxar esta situación.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Desde o Grupo Parlamentario Socialista esiximos ao Sergas solución á espera
de nais e pais para que os fillos e fillas sexan valorados por un profesional da
sanidade pública, así como solicitamos unha calidade asistencial adecuada.
Por iso, faise preciso popoñer a adopción do seguinte acordo:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que co fin de garantir a
calidade asistencial no Centro de Saúde A Ponte da cidade de Ourense se
proceda a cubrir as catro prazas de pediatría existentes no centro antes da
pandemia da Covid.
Parlamento de Galicia, 15 de abril de 2024