Este venres no Cine Club: “La zona de interés”

 Este venres día 24 de maio temos no Auditorio Manuel María do Carballiño unha das grandes película da tempada, La zona de interés, gañádora  do Oscar á Mellor película internacional e do Oscar ao Mellor son.

Dirixida por Jonathan Glazer (nominado ao Oscar á Mellor dirección) , gañou o Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes e Gañou no BAFTA o Premio a Mellor filme británico. Foi tamén a mellor película para a Asociación de críticos de Los Ángeles, que tamén premiaron o traballo da actriz Sandra Hüller, brillante no seu papel de muller do comandante dun campo de concentración  que ao longo do filme está sempre presente a pesar da súa “ausencia”.

Película orixinal e atrevida, baseada na novela homónima de Martin Amis, non deixa indiferente coa súa aposta arriscada, tanto no visual como no narrativo. Unha aproximación á banalidade do mal que acadou unha moi boa acollida entre crítica e público.

Os dous pases serán os habituais, ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS.
https://xn--cineclubecarballio-30b.org/pel%C3%ADcula/la-zona-de-inter%C3%A9s

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------