A plataforma en defensa da sanidade pública convoca unha nova concentración para iste domingo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño segue loitando polos dereitos da veciñanza, e por elo convocan  unha nova manifestación para o vindeiro domingo, coa finalidade de facer ruído pola sanidade. Neste caso, fan un chamamento baixo o lema “Cantas pezas do puzzle queres perder?”, fixando as 12,30 horas do mediodía como punto de referencia para a saída desta protesta, dende a praza da Veracruz. Ademais, enviaron unha carta cunha listaxe de motivos polos que é preciso tomar medidas. Esta carta ten o obxectivo de conseguir unha reunión co novo conselleiro de Sanidade, asegurando que polo momento aínda non obtiveron resposta.

Rocío Valiñas, unha das voceiras da plataforma, convidou a participar na convocatoria e fíxonos un retrato das carencias que detectan no Centro de Saúde do Carballiño:

Entre as deficiencias máis destacadas que suliñan dende a plataforma está á dos cupos “orfos”, é dicir, pacientes que non teñen médico asignado e son atendidos por calquer outro facultativo do centro. Por outra banda, ao limitarse a tan só dous días a semana as analíticas, os usuarios do Centro de Saúde atópanse cunhas listas de agarda de ó redor dun mes, polo que sería necesario ampliar dito servizo o resto de días. Asemade, botan en falta o segundo pediatra e non teñen noticias do segundo concurso de méritos, e mencionan a máquina de raios, que está obsoleta, as radiografías son de mala calidade e estropéase con frecuencia, mentres a lista de espera para o médico de familia nalgúns cupos supera ós 10 días.