Exactamente un ano despois das últimas eleccións municipais, Espazo Común fixo un balance sobre este ano de mandato. Para o grupo da oposición no Carballiño non hai propostas, xa que non hai orzamentos en dous anos. Ademais deste tema, fixeron un relatorio doutras eivas xa reclamadas en pleno.
Feito o balance, máis en negativo, piden un pleno extraordinario para valorar a situación e pensar en futuro. Como segundo punto, pedirán un gran acordo para propiciar un cambio político no Carballiño sendo 11 concelleiros os que forman a oposición. Piden amplitude de miras e falar deixando atrás as cores políticas.