Nota Informativa Concello Maside

Neste tempo de crise sanitaria estamos a ver mostras de solidaridade como
a que queremos pór de manifesto hoxe:


A Farmacia Paredes (Maside) ven de facer unha doazón ó Concello de
Maside: un lote de mascarillas para cativos con problemas de saúde.
A súa farmacéutica quere aportar o seu grao de área ante esta situación,
onde os máis cativos con patoloxías previas son persoas de risco, dado que
ó ter que acudir con maior asiduidade a centros hospitalarios, consultas,…
son potencialmente moito máis vulnerables.

AVANTAR ACTIVIDADES


O material será destinado única e exclusivamente a menores de idade (de
entre tres anos, por non ser recomendado o seu uso antes desa idade, e
catorce anos) con patoloxías previas: diabetes, patoloxías pulmonares
crónicas, patoloxías cardiovasculares crónicas, pacientes oncolóxicos…
Serán os Servizos Sociais do Concello de Maside os que xestionen o reparto
destas mascarillas, sempre a través de solicitude por parte dos pais/nais e
aportando informe pediátrico.

Para elo os interesados/as deberán poñerse en contacto coa oficina de Servizos Sociais, onde se lle proporcionará cita previa para a solicitude e recollida do material (988 40 11 08).
Dende o Concello de Maside queremos agradecer públicamente a doación realizada así como a súa labor diaria a propietaria e as traballadoras da Farmacia Paredes.