OZOCOgz xa ten os gañadores da oitava edición do concurso de micro-relatos

IES CHAMOSO LAMAS

Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultou gañador do primeiro premio o micro-relato ELA, SONHA NAS RAMAS DO BAOBAB, presentado co seudónimo Addae Abara, baixo o que se agochaba o nome Cruz Martínez. Recibirá un xogo de mesa Ti non es de aquí?, de OZOCOgz e un vale, obsequio de Parrillada San Andrés do Carballiño por un Menú “Nós somos de aquí!” con polvo ou churrasco para dúas persoas.

VIDEO

OZOCOgz Deseño Galego

O micro-relato finalista foi DE OLHOS FECHADOS, presentado co seudónimo LOAIRA, baixo o que se agochaba o nome de Catarina Cortizas Leira que é gañadora dun agasallo de OZOCOgz e un lote de libros doado pola asociación Tangaraño Cultural, de Sobradelo (Xunqueira de Ambía).

Parabéns ás gañadoras!