En torno ás 14:45 horas desta tarde tiña lugar un suceso na autovía A-52, á altura de Ventosela (San Paio), no concello de Ribadavia, 50 metros antes da saída con dirección Ourense.
Un vehículo incendiábase despois dunha avaría, obrigándo a desprazarse ata a zona aos bombeiros do GES de Ribadavia, a Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Contraincendios do Distrito XI.