O PSOE de Ourense informa que os emigrantes galegos retornados de euskadi son requiridos pola axencia tributaria para aboar o 5% das súas pensións alemás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Dende a área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense indican que estes casos deberían ser tratados na Xunta Arbitral do Concerto Económico, un órgano de deliberación entre a Administración Tributaria do Estado e as Deputacións Forais

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Luís Gulín explica que o Finanzamt Neubrandenburg ao non recibir comunicación das facendas forais sobre a situación fiscal destes contribuíntes, “requiriu á AEAT para comunicar aos afectados as súas obrigacións pendentes co fisco xermano coa orde de embargar contas e bens vía Facenda española se non se abona nun prazo determinado”

Nestes últimos días a secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense recibiu queixas de emigrantes retornados de Euskadi, que nalgún momento da súa vida traballaron en Alemaña aos que a Axencia Tributaria de España estalles comunicando que deben abonar o chamado imposto do 5% á facenda alemá polas pensións percibidas deste país entre os anos 2016-2022, ao estar a residir en Bilbao, Rentería ou Vitoria.

O secretario provincial de migracións, Luís Gulín Iglesias, explica que o Finanzamt Neubrandenburg ao non recibir comunicación das facendas forais sobre a situación fiscal destes contribuíntes, “requiriu á AEAT para comunicar aos afectados as súas obrigacións pendentes co fisco xermano coa orde de embargar contas e bens vía Facenda española se non se abona nun prazo determinado as débedas tributarias”. Neste senso, cabe sinalar que moitos deles xa estaban sometidos a embargos parciais da súa pensión alemá por parte do organismo fiscal xermano cando residían en territorio foral.

“Ao constatar Alemaña que nos últimos anos as persoas afectadas residen en Galicia, xa baixo control da AEAT e non das facendas forais, o Finanzamt Neubrandenburg envía á Facenda española comunicacións de liquidación das débedas tributarias que oscilan entre 1500 a 5000 euros, solicitando a súa colaboración para a súa execución correspondente”, afirma Gulín.

Dende a área de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense indican que estes casos deberían ser tratados na Xunta Arbitral do Concerto Económico, un órgano de deliberación entre a Administración Tributaria do Estado e as Deputacións Forais, para evitar estes desgustos ou falta de información para todos aqueles contribuíntes residentes en territorio foral que teñan a pretensión de trasladar a súa residencia fiscal ao territorio da AEAT.

Por último, Luís Gulín apunta que tamén algúns dos retornados de Euskadi e Navarra “ignoraban a súa obrigación de realizar a declaración da renda en Galicia ao crer estar exentos por ter, a maiores da pensión española,  unha alemá de 1800 euros anuais”. Neste senso apunta que “a razón reside que nas facendas forais  para o segundo pagador o límite exento está establecido en 2000 euros anuais, e non nos 1500 euros como no resto de España”.