Raúl Jardiel xa é o novo adestrador do Club Deportivo Arenteiro. Natural de Zaragoza, asina por unha tempada, ata o 30 de xuño de 2025.
Trátase dun adestrador xoven, formado no Real Zaragoza, onde chegou a ser o segundo de César Laínez en Segunda División.
Máis tarde, e xa como primeiro adestrador, ascendeu ao Brea a 2ª RFEF e mantivo ao Ebro.
A súa derradeira experiencia foi no Teruel, equipo ao que estivo moi cerca de salvar, sumando 31 puntos en 25 encontros, sen coñecer a derrota fóra da casa. Chega ao Carballiño acompañado de Pablo Roldán o seu segundo.