O Verán Deportivo volveu ao Carballiño neste mes de xullo, despois de anos sen celebrarse. Onte pola tarde comezaban os torneos de fútbol sala na Pista Vermella, que continuarán todas as tardes desta semana a partir das 18:00 horas. A vindeira semana será a quenda do baloncesto e a última deste mes será para balonmán. Para o concelleiro de deportes era esencial recuperar esta actividade, que conseguiu 25 equipos inscritos con 250 nenos so nesta primeira semana. Ademais destas actividades, tamén comezaron onte outras que complementan o cartaz, como zumba, pilates ou aquagym.
A resposta dos mozos da vila foi moi boa, con outras iniciativas de pequenos torneos que tamén animan as fins de semana. Dende o concello queren incentivar á actividade física e traballan tamén en roteiros cada domingo a partir de setembro.