E seguimos falando de celebracións. Mesego xa ten todos os preparativos para o festexo dunha nova edición da súa tradicional Festa da Empanada, á cal dará comezo este sábado
Os veciños da parroquia de Mesego prepáranse para celebrar un ano máis as súas festas, cun amplo programa de actividades que combinará tradición, música e gastronomía. A celebración estenderase do sábado 17 ata o luns 19 de agosto, e contará con tradicionais oficios relixiosos, variadas actuacións musicais e unha nova edición da Festa da Empanada, unha das citas gastronómicas máis populares de toda a Comarca.
O evento comezará este sábado 17 de agosto, cando a partir das 21.00 horas os asistentes poderán degustar racións de empanada procedentes dunha empanada xigante, elaborada con carne e atún. As celebracións rematarán o vindeiro luns 19 con diversas actividades musicais e relixiosas para todo o mundo, poñendo fin a tres grandes días de festa en Mesego.