O concello do Carballiño prevé a apertura das piscinas para o 18 de xuño

O concello do Carballiño comezou a adecuación das instalacións das piscinas municipais. Nos últimos meses xa se realizaran obras no vaso da piscina grande. Esta semana os operarios municipais xa se trasladaron para comezar cos traballos, como o desbroce e o mantemento básico. A concelleira de deportes, Silvia Baranda, falounos hoxe nos traballos que se están facendo.

A súa posta en funcionamento para o público estará previsiblemente para a fin de semana do 18 de xuño, con todas as melloras xa aplicadas. En caso de que poida haber algún retraso nas obras, será anunciado ós usuarios.

AVANTAR ACTIVIDADES