A Deputación ampliará o programa termal contra a soidade non desexada

A Deputación de Ourense compromete a ampliación do programa de benestar social termal contra a soidade non desexada. Este programa é pioneiro e comezouse este ano, cun gran éxito de participación e utilidade, comprobado coa satisfaccións dos usuarios.

O obxectivo é que as persoas maiores que viven soas teñan a oportunidade de acudir todas as semanas ao balneario. Son os servizos sociais de cada concello os encargados de adxudicar as prazas. Este ano, ademais de acceder polo servizo de teleasistencia, forman parte do convenio O Carballiño, Boborás e Carballeda de Avia, e para o 2024 formarán parte ata dez concellos. A previsión é que para o 2027 as prazas medren das 77 ata as 500.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para a dirección do balneario, estes programas axudan a que a xente coñeza que estes servizos son accesibles para calquera e por prezos asequibles, eliminando a idea de que é unha actividade de luxo.