A Omix de Ribadavia solicita tres novos programas de voluntariado europeo

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia, é unha das oficinas xuvenís con máis actividade de Galicia, non só a nivel local, senón tamén a través das súas actividade internacional a través de diferentes programas de mobilidade xuvenil, tales como o Corpo Europeo de Solidariedade e do programa Erasmus +.

Publicidade

No apartado internacional, ademáis das 5 persoas de diferentes países Europeos coas que conta o Concello de Ribadavia, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX Ribadavia), acabamos de solicitar:

  • O “Sello de Calidade” ou “Quality Level” na convocatoria de 2021:

O Selo de Calidade certifica que unha organización pode garantir as condicións xerais necesarias para participar no programa (2021-2027), de conformidade cos principios e obxectivos do CES.

  • Un “Proxecto de Voluntariado” Europeo na convocatoria 2021 que rematou o pasado 28 de Maio, na primera ronda dentro do programa Corpo Europeo de Solidaridade” para acoller a 4 persoas voluntarias de diferentes países Europeo desde Xaneiro de 2022 a Xaneiro de 2023.
  • Un proxecto Internacional tamén no pasado mes de maio, na convocatoria da primera ronda da acción clave KA1 de “Movilidade de mocidade” baixo o título do proxecto “PROJECT EARTH – make your living environmental friendly “

A idea deste proxecto é realizar un proxecto de intercambio xuvenil internacional asociados cunha entidade Portuguesa, contando con 18 persoas de entre 18 e 30 anos de idade, para falar acerca da sustentabilidade, reforzando os valores europeos relacionados coa loita contra o cambio climático e combinando actividades ambientais con actividades dixitais que nos permitan unha maior visibilidade e comunicación do proxecto.