Jacobo Senín suma un novo triunfo na montaña galega, nesta ocasión na subida a Taboadela

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o vencedor da Subida a Taboadela, sexta e penúltima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de montaña.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Baixo unha forte calor que xa acompañou aos equipos participantes e ao abondoso público que se achegou ata a rampa galega, o piloto da Escudería Estradense foi o mellor nas catro mangas cronometradas, o que lle permitiu marcar un crono final de 2:48.563.

No segundo chanzo do podio, a 17.3 segundos de Senín situouse Alexis Vieitez, novamente no Fórmula Celtic Dicode, mentres que a terceira praza foi para Jorge Pérez Alonso, vencedor ademáis entre os carrozados.

Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral, Javier Carballo e Francisco Javier Casqueiro, no Porsche 991 GT3 e no Volkswagen Golf TCR (2º e 3º dos carrozados, respectivamente).

Dentro da sempre competida clase 9, reservada para vehículos carcross, primeira posición para Beni Porto no LaBase, seguido de Alfonso “Pisko” Ventín co Yacar e de Abrahán Vázquez, que reparou o motor do seu Yacar, para poder competir nas mangas do domingo.

Mateo García, o piloto becado pola Federación Galega de Automobilismo e que na cita ourensá estreaba o patrocinio do World RX de Montalegre foi quinto clasificado da clase 9.

Entre os inscritos de regularidade, triunfo en Taboadela para Iván e José Antonio López con 9750 puntos, seguidos de Breogán Abalde e Cristian Castro e de Diego Jesús Rodríguez e José Luis Ucha.

A derradeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña terá lugar en Ponte Caldelas os días 6,7 e 8 de setembro.