O goberno PP-Psoe na súa ansia por facer desaparecer a Espazo Común toma acordos ilegais no pleno

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Foi presentado un recurso de reposición contra o acordo tomado por estas dúas forzas no pleno de xullo no que se repartían a representatividade na Mancomunidade Turística, obviando que, legalmente, ten que haber un membro da oposición.

                                                                         O Carballiño,  26 de agosto de 2024.

Está claro que a transparencia non é a prioridade do goberno PP-PSOE do Carballiño. Nin o foi para xustificar o absurdo do seu forzado acordo nin o é á hora de cumplir coas diferentes leis que a resgardan.

No pleno do pasado mes de xullo, onde refrendaron que dito acordo é só un reparto interesado de sillas e soldos, cos votos a favor de ambas formacións, quedou aprobado o novo organigrama municipal e os representantes municipais nos diferentes órganos dos que o Concello forma parte.

Máis alá da falla de todo consenso e da nova aplicación do rodillo de Fumega, agora co aplauso dos cinco concelleiros do PP que viñan a cambiar as cousas, chegaron ao punto de incumplir cos estatutos da Mancomunidade Turística que recollen especificamente que ten que haber un membro da oposición.

O máis escandoloso é que antes de acordo sí o había, xa que o noso concelleiro Francisco Fraga, formaba parte da mesma e sen pudor algún foi eliminado seguindo na liña de tentar que Espazo Común despareza.

Por iso, vimos de  rexistrar un recurso de reposición que deberá ser tratado en pleno e que adxuntamos a este comunicado.

    Ó PLENO DO CONCELLO DO CARBALLIÑO.

D. Adolfo Nogueira Campo, na súa condición de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Espazo Común, amparado no artigo 52 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réxime Local, en relación cos artigos 4, 47, 48, 112, 114, 123 e 124 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (en adiante LPACAP), interpoño RECURSO DE REPOSICIÓN, contra o acordo adoptado na última sesión plenaria (18 de xullo de 2024) referido ó expediente 4527/2023. Proposta modificación nomeamentos de representantes da corporación en Órganos Colexiados . Entendo que a proposta da alcaldía elevada ó pleno referida ó nomeamento de representantes na Mancomunidade Turística, e definitivamente aprobada polo mesmo sen o voto favorable do grupo municipal que represento, vulnera o preceptuado no propio articulado dos Estatutos que regulan a Mancomunidade Turística. Así no artigo 6.1 dos citados estatutos indícase que “O Pleno da mancomunidade, órgano supremo do goberno e administración desta, estará integrado por doce membros, representando tres deles a cada un dos concellos mancomunados, e un Secretario” , para a continuación no apartado segundo do mesmo artigo precisar que “Os representantes dos concellos serán elixidos polo Pleno da corporación respectiva, sendo dous, a proposta do grupo de goberno e un, a proposta dos grupos da oposición, co xeito de garantilo pluralismo político.” É evidente e notorio que os tres representantes designados na proposta da alcaldía e aprobada polo Pleno forman parte do grupo de goberno, non habendo ningún representante dos grupos da oposición; como había denantes da aprobación do acordo obxecto deste recurso. Así o grupo do que son voceiro, maioritario da oposición, perde o representante que tiña, incumpríndose deste xeito o mandato estatutario de garantir o pluralismo político. Entendo que este acordo que impugno non obedece a outra intencionalidade máis cá de cercear os dereitos de representación na Mancomunidade Turística que nos corresponden ós concelleiros do grupo maioritario da oposición, á vez que evitar o pluralismo político e o conseguinte control da actuación do grupo de goberno. En vista do anterior é polo que interpoño RECURSO DE REPOSICIÓN contra o acordo adoptado na última sesión plenaria referido ó punto 3º da orde do día: “expediente 4527/2023. Proposta modificación nomeamentos de representantes da corporación en Órganos Colexiados” no apartado dos representantes na Mancomunidade Turística, para que o Pleno do Concello anule o acordo adoptado e adopte un novo acordo que respecte os Estatutos da Mancomunidade turística así coma os dereitos dos concelleiros do grupo municipal de Espazo Común que nos corresponden en tanto que representantes da cidadanía carballiñesa.