A comisión executiva municipal do Psdeg de Ourense traslada o seu rexeitamento á prostitución no día internacional contra a explotación sexual e a trata

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A secretaria de Igualdade da agrupación municipal socialista, Zaida Rodríguez, recordou que o último estudo realizado arroxa “a arrepiante cifra de 114.000 mulleres” vítimas en España

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sinalan dende o PSOE que é crucial promover unha educación en que desactive a demanda de prostitución, especialmente entre as persoas mozas, e combater as novas formas de explotación sexual que xorden en contornas dixitais

Ourense, 23 de setembro de 2024. Hoxe, 23 de setembro, fai 111 anos da aprobación da primeira lei contra a prostitución de nenas e nenos (en Arxentina). Por iso, esta data foi elixida pola ONU, en 1999, para conmemorar en todo o mundo o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, Nenas e Nenos, que servise de recordatorio para a loita global contra unha das formas máis atroces de violencia e vulneración dos dereitos humanos.

Dende a Comisión Executiva Municipal do PSdeG de Ourense queren lembraR que consiste nunha das “expresións máis crueis da desigualdade de xénero e de mercantilización do corpo das mulleres e das nenas”, tal e como sinala a secretaria de Igualdade da mesma, Zaida Rodríguez.

Neste senso, incide en que a explotación sexual en Europa é “un dos negocios máis lucrativos, onde os grupos criminais obteñen beneficios” millonarios e que afecta “á poboación máis marxinalizada que ve sometida a súa vida a un control absoluto e a unha violación dos dereitos humanos” por parte dos que as escravizan. E insiste en que esta realidade está directamente vinculada á pobreza e a falta de oportunidades, destacando que España é un dos países do mundo onde máis mulleres e nenas son prostituídas.

É crucial promover unha educación en igualdade que desactive a demanda de prostitución, especialmente entre as persoas mozas, e combater as novas formas de explotación sexual que xorden en contornas dixitais. Así mesmo, dende o partido poñen o foco na necesidade de reforzar a cooperación internacional, xa que a trata é un delito transnacional que require da colaboración entre gobernos, organismos internacionais e sociedade civil.

“Nos últimos días, vimos de coñecer os datos dunha macroenquisa que arroxa a arrepiante cifra de máis de 114.000 mulleres vítimas de explotación sexual. Por iso queremos manifestar o noso compromiso pola loita na consecución da igualdade, da dignidade e da liberdade de todas as vítimas da trata. Avancemos cara a unha sociedade de igualdade real e respecto”, remata a socialista.

Reclaman, así mesmo, as e os socialistas avogar por unha sociedade onde o corpo e a sexualidade das mulleres non sexan obxecto de compra-venda, e onde as futuras xeracións crezan nun mundo máis xusto, libre de explotación.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da seceretaria de Igualdade da CEM, Zaida Rodríguez:

https://drive.google.com/file/d/1a8KqjeEBZP3PmSewSQS6WdY3IPJg7chi/view?usp=sharing