Tres centros educativos recibiron hoxe formación en igualdade

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística do Concello do Carballiño, (CIM) está levando a cabo dentro do marco do Pacto de Estado, o desenvolvemento de Obradoiros  de Igualdade  nos centros educativos  CPR Plurilingüe Vila do Arenteiro, CEIP Calvo Sotelo e IES Chamoso Lamas.

O obxectivo  é formar o alumnado en valores  e actitudes de igualdade para poder compartir  a vida desde o respecto, a autonomía e a corresponsabilidade. Accións de sensibilización da sociedade sobre o dano que produce a desigualdade e as condutas violentas, e axudar a tomar conciencia sobre a magnitude  da violencia contra as mulleres e as consecuencias  que ten para a súa vida e a das súas fillas e fillos.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE