Publicado no Dog o anuncio polo que se aproba como brasonamento do escudo municipal de Ribadavia

Publicado no Dog num 67 do 5 de abril

O Pleno do Concello de Ribadavia, en sesión ordinaria do 28 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo:

AVANTAR ACTIVIDADES

Visto o Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia.

Vista a proposta de escudo heráldico e de bandeira para o Concello de Ribadavia, da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, con rexistro de entrada no concello 2023-E-RC-7878.

Apróbase a seguinte proposta:

Aprobar como brasonamento do escudo municipal de Ribadavia:

De azur (azul) sobre ondas de prata (branco), a ponte defendida de prata e, nos flancos, o sol e a lúa (amarelo). Ao timbre, a coroa real pechada.

Aprobar como bandeira do Concello de Ribadavia a seguinte descrición:

O pano azul e ao centro unha torre de branco flanqueada do sol e a lúa de amarelo.

O que se fai público, consonte o previsto no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, para que durante o prazo dun mes os interesados poidan formular alegacións.