Os bombeiros do Carballiño recaudan material escolar para levar a Guinea Bissau

Os bombeiros do parque do Carballiño-Ribeiro fixeron unha ruta polos centros educativos do municipio recollendo o material escolar que foi doado polos escolares. Esta colecta forma parte do proxecto Furgonetas Solidarias, mediante o cal levarán a Guinea Bissau todo o recaudado. Hoxe faláronnos deste proxecto.

Por parte dos bombeiros amosáronse moi contentos ca acollida que tivo esta iniciativa nos centros escolares e ca cantidade de cousas que se doaron, motivo polo que aseguran que mereceu a pena todo o traballo feito.

AVANTAR ACTIVIDADES

Entre o material recolectado tamén hai suministros sanitarios e algo moi necesitado polos nenos dese país: as bicicletas, para poder acudir á escola.