Hoxe publicase no BOP a Aprobación definitiva do orzamento do Irixo

Unha vez aprobado inicialmente o orzamento xeral para o exercicio 2020, no Pleno do 4 de agosto de 2020, someteuse a exposición pública, BOP n.º 182, do 10 de agosto de 2020, sen que se presentaran alegacións ou reclamacións nese trámite, polo que se eleva a definitivo.

En cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase que o dito orzamento ascende, tanto en gastos como en ingresos, á contía dun millón cento oitenta e cinco mil trescentos corenta e cinco euros con vinte e nove céntimos, correspondéndolle a cada capítulo as cantidades que deseguido se expresan, segundo o seguinte detalle:

Estado de gastos

Capítulo 1.- Gastos de persoal; 419.108,08 Capítulo

2.- Gastos en bens correntes e servizos; 488.688,65 Capítulo

3.- Gastos financeiros; 5.500,00 Capítulo

4.- Transferencias correntes; 116.225,00 Capítulo

5.- Fondo de continxencia e outros imprevistos; 5.000,00 Capítulo

6.- Investimentos reais; 150.823,56 Capítulo

7.- Transferencias de capital; 00,00 Capítulo

8.- Activos financeiros; 00,00 Capítulo

9.- Pasivos financeiros; 00,00 Total gastos: 1.185.345,29

Estado de ingresos

Capítulo 1.- Impostos directos; 283.078,87

Capítulo 2.- Impostos indirectos; 4.000,00

Capítulo 3.- Taxas e outros ingresos; 115.537,00

Capítulo 4.- Transferencias correntes; 708.909,59

Capítulo 5.- Ingresos patrimoniais; 0,00

Capítulo 6.- Alleamento de investimentos reais; 00,00

Capítulo 7.- Transferencias de capital; 73.819,83

Capítulo 8.- Activos financeiros; 00,00

Capítulo 9.- Pasivos financeiros; 00,00 Total ingresos: 1.185.345,29

Na referida sesión tamén se acordou aprobar o cadro de persoal e a relación de postos de traballo desta Corporación, de acordo co que preceptúa o artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que se reproducen a continuación:

Persoal funcionario Denominación; n.º; grupo; escala; subescala;

nivel CD Secretaría-Intervención; 1; A1/A2; habilitación estatal secret.-interv.; 26

Administrativo; 2; C1; admón. xeral administrativa; 20

Persoal laboral

Denominación; n.º; condición

Operario de servizos múltiples; 1; fixo

Operario de servizos. Auxiliar de fontanería; 2; fixo

Xestión e mantemento de polideportivo; 1; fixo

Condutor pala mixta; 1; fixo (vacante)

Auxiliar biblioteca; 1; temporal

A dita aprobación poderá ser impugnada ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, cos requisitos, formalidades e causas sinaladas no artigo 170 e 171 do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e na forma e prazos que establecen as normas da devandita xurisdición.

O Irixo, 1 de setembro de 2020.

O alcalde. Asdo.: Manuel Cerdeira Lorenzo.