O Carballiño reúne a 229 patinadoras na última fase de niveis da tempada

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO


A cita convocada pola FGP e organizada polo Club Aehde celebrarase ao longo da fin de semana
O Carballiño será o escenario na última Fase de Niveis de patinaxe artística na modalidade de libre de ano 2024 nunha cita que reunirá a 229 patinadoras e patinadores pertencentes a 28 clubs do sur de Galicia e que se celebrará o sábado en xornada de mañá e tarde (dende as 10 ata as 20 horas) e o domingo en horario de maña. O evento está convocado pola Federación Galega de Patinaxe e organizado polo Club Aehde O Carballiño e celebrarase no pavillón anexo Paco Chao.
O club carballiñés participará con unha ducia de patinadoras repartidas entre os niveis 1 ao 3.
Por outra banda, o Club Aehde tamén organiza neste mes de outubro o Campionato Galego de rollers cros e a Copa Deputación da mesma modalidade, citas que coincidirán o domingo día 13 na Praza do Emigrante e para os días 16 e 17 de novembro celebrarase a sétima edición do trofeo Vila do Carballiño de patinaxe artística na modalidade de libre.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO