O concello de Leiro aprobou os seus orzamentos para o 2021 co voto favorable do goberno do Partido Popular. Estas contas ascenden a un millón de euros e neste ano contarán cunha inversión de 182.000 euros destinados ós Servizos Sociais. Enfocado tamén neste senso, o concello aprobou destinar unha partida de 15.000 euros destinados a axudas para as persoas afectadas económicamente pola pandemia.

Deste xeito, en canto se aproben definitivamente os orzamentos, o concello porá en marcha unhas bases que permitan o seu reparto en función a un baremo. Terase en conta para o reparto o tempo de peche dos locais, o persoal a cargo ou se os propietarios do establecemento son os donos do local ou pagan un aluguer.