390 deportistas daranse cita no VIII “Trail Ribeira Sacra”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

PRESENTACIÓN VIII TRAIL RIBEIRA SACRA 2024

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Este evento é unha experiencia única para os sentidos no cal se mezcla  deporte, turismo sostible e a gastronomía da nosa terra.

Xoves, 3 de Outubro de 2024, A VIII edición do “Trail Ribeira Sacra”, iniciativa coa que colabora a Deputación de Ourense, reunirá o vindeiro domingo, 13 de outubro, no municipio de Nogueira de Ramuín, a 390 deportistas procedentes de 14 comunidades autónomas de España, e de países como Alemania, Argentina, Francia, Portugal e Inglaterra. Os organizadores da proba explicáronlle hoxe, no Parador de Santo Estevo, ao vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández, os detalles deste evento deportivo.

Na xuntanza, estiveron o alcalde e o concelleiro de Nogueira de Ramuín, Julio Temes e Raúl Soto, respectivamente; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor de política deportiva da deputación de Ourense, Diego Enrique Álvarez; a xerente do consorcio Ribeira Sacra, Alejandra Seara; así como Diego Novelle, presidente e membros do Club Grupo Cuevas Nogueira Trail, organizadores do evento e  Esther González, directora do parador de Santo Estevo.

O evento contará coa participación do subcampión mundial de Skyrunning, Jesús Gil, e membros da selección española, quen achegará un alto nivel de competitividade

O “Trail Ribeira Sacra” trata de promocionar Ourense e a Ribeira Sacra a través dunha experiencia única para os sentidos que fusiona: saúde, deporte, natureza, patrimonio e a posta en valor dos produtos da nosa terra. Durante a xornada levaranse a cabo presentacións e degustacións de produtos con música en vivo, animacións para todos os públicos e actividades para os máis cativos.

Este percorrido circular con base en Luintra de 48 km e 3.450 m. de desnivel positivo, transcorrerá por lugares como o Castro de Moura, os Miradoiros dá Lampa e do Pé do Home. Ademais, realizarase unha parada gastronómica no Mosteiro de Santo Estevo, que culminará cunha degustación de polbo da man do recoñecido chef ourensán Paco Gómez, e pratos típicos da nosa gastronomía con adaptacións a celíacos e veganos.

PUBLICIDADE