Extracto das axudas de libros e material escolar 2024/2025, aprobadas mediante a Resolución do 26 de setembro
BDNS (identif.): 787759
De acordo co que dispoñen os artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo pode atoparse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocato- ria/787759)
Primeira. Obxecto e finalidade da convocatoria
As presentes bases teñen por obxecto a regulación, tomando como marco legal a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello do Carballiño que se rexe ao mesmo tempo pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e as bases de execución do Orzamento do Concello do Carballiño, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar, destinadas ás familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados do Concello do Carballiño.
Segunda. Beneficiarios/as
As familias con menor poder adquisitivo do Concello do Carballiño e nas que:
- Todos os/as membros da unidade de convivencia estean empadroados/as no Concello do Carballiño con seis meses de antigüidade, como mínimo.
- Os/as solicitantes que estean matriculados en Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e Educación Primaria e Secundaria nun centro educativo do Concello do Carballiño.
No caso de cambiarse a un centro educativo doutro concello (despois de solicitar a axuda), non terá dereito a percibila.
- Non superen os 9000 € de renda per cápita anual (9000 euros por membro da unidade familiar). Cando se presente a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2023, sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro e dividirase entre os/as mem- bros da unidade de convivencia. De non estar obrigado/a a presentar a declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tribu- taria e os restantes ingresos declarados conforme á documentación que teñen que achegar segundo a base 6.ª.
Para efectos destas bases considérase que forman a unidade familiar de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico, e que se atopen vinculadas co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga de afectividade, por adopción, acollemento ou parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao, ou de afinidade ata o segundo grao. Malia o anterior, cando nunha mesma unidade de convivencia existan unha ou máis unidades familiares con menores ao seu cargo, considéranse que cada unha delas constitúen unha unidade familiar inde- pendente. En todo caso a unidade de convivencia deberá estar formada por todos os/as membros que aparecen no libro de familia salvo casos debidamente xustificados.
Nos casos de separación ou divorcio considerarase o pai ou a nai que teña a custodia dos/ as menores por sentenza xudicial. No caso de custodia compartida consideraranse a ambos os proxenitores. Nos casos de violencia de xénero non se terán en conta os ingresos do agresor para determinar a renda per cápita familiar.
As familias monoparentais deberán presentar o certificado que acredite esta condición. Terceira. Crédito
- O importe total asignado no Orzamento municipal que se destina é de 40.000 euros, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 326.00/48001, consignada no Orzamento munici- pal de 2024.
- Sen prexuízo do que establece o artigo anterior, prevese a posibilidade de ampliar o crédito nas circunstancias que recolle o artigo 30.2 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de sub- vencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. A ampliación de crédito queda condicionada á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, á aprobación da modificación orzamentaria que proceda. O órgano concedente publicará a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo computo de prazo para resolver.
- As axudas serán incompatibles con calquera outra axuda que puidera percibirse coa mesma finalidade doutras administracións públicas ou privadas, e non poderá superar a suma das axudas o importe do gasto total.
- A contía máxima das axudas distribuirase segundo os seguintes criterios: Educación Infantil:
- ata 7000 euros de renda per cápita: 120 €
- de 7.001 ata 9.000 euros de renda per cápita: 100 € Educación Primaria e Secundaria:
- ata 7.000 euros de renda per cápita: 60 €
- de 7001 ata 9000 euros de renda per cápita: 50 €
Sexta. Presentación de solicitudes, prazo e documentación
1. As familias que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no modelo normalizado (que se lle facilitará no propio concello) no prazo de quince días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP (tras a comunicación efectuada para o efecto pola BDNS), no Rexistro municipal do Concello do Carballiño ou de calquera outro xeito dos que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do pro- cedemento administrativo común das administracións públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
O Carballiño, 26 de setembro de 2024. O alcalde. Asdo.: Francisco José Fumega Piñeiro.