Sorteados 10.000 euros en premios da campaña  Merca no teu comercio –  Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Esta mañá tivo lugar na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo ante notario dos 10.000 euros en premios correspondentes á campaña Merca no teu comercio – Ourense, iniciativa de dinamización do comercio de proximidade que se desenvolveu entre 1 e o 20 de outubro, organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia – Dirección Xeral de Comercio e Consumo, en colaboración coa Federación de Comercio de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A participación nesta edición da campaña foi moi exitosa, rexistrándose un total de 15.896 papeletas, pertencentes a compras realizadas nos establecementos adheridos a través das distintas asociacións de comerciantes da provincia. Esta cantidade supón un volume de negocio que ronda o medio millón de euros con esta iniciativa promocional, da que o principal obxectivo é poñer en valor o comercio de proximidade, incentivar as compras e premiar a aposta dos clientes polo comercio local.

Hoxe ante o notario José Manuel López Cedrón sorteáronse 10.000 euros, repartidos en 50 bonos en formato código QR de 200 euros que deben ser empregados polos gañadores para volver realizar compras nun máximo de tres establecementos participantes na campaña. Os premiados poderán consultar na web www.mercanoteucomercioourense.com/ganadores

O acto de entrega destes premios terá lugar o vindeiro 30 de outubro, mércores, ás 19.30 horas, no Auditorio Multiusos Municipal de O Carballiño. Neste acto sortearase en directo, entre os asistentes que acrediten participación na campaña, un premio de 1.000 euros a gastar nunha xornada de compras, segundo as bases da campaña.