O deputado Gómez Reino manterá unha reunión ca Plataforma pola Defensa do Transporte

Publicidade ASPADISI

Mañá venres, 25 de setembro, as 10.00h, Antón Gómez Reino, Secretario Xeral de Podemos Galicia e diputado no Congreso do grupo Galicia En Común, manterá unha xuntanza telemática con integrantes da Plataforma pola Defensa do Transporte Público de O Carballiño e Comarca, para coñecer a situación crítica do transporte que está a vivir a nosa comarca e dar traslado de dita situación ao Congreso, buscando así poder tomar medidas oportunas para revertir a escaseza e recurtes que se veñen dando en este caso nos servizos e liñas que presta RENFE tanto na provincia como na comarca.