O GRUPO POPULAR CONSIDERA QUE OS 1.282 AUTONOMOS, ASÍ COMO OS COMERCIANTES, OS DO SECTOR AGRARIO E OS DO FOGAR, TEÑEN QUE ESTAR PROTEXIDAS POLO CONCELLO.

O ALCALDE ACEPTA A PROPOSTA DO GRUPO POPULAR DE MANTER UNHA XUNTANZA ENTRE TODOS OS GRUPOS POLITICOS DO CONCELLOS PARA PROCURAR AS MELLORES SOLUCIONS.

Unhas 1500 situacións de emerxencia socioeconómica que inclúe maioritariamente a autónomos e comerciantes,  son os casos nos que o Concello ten que facer un esforzo maiúsculo para atender as precariedades de forma puntual para axudar a paliar os efectos da COVID-19, sen esquecer o relacionado cos alugueiros, toda vez que un porcentaxe elevado de negocios está neste réxime pero tamén son moitos os que viven da renda que producen, polo que, compre unha especial dedicación por parte do concello para que as axudas sexan acertadas.

O concello ten que habilitar unha partida orzamentaria vía subvención directa, para axudar a paliar os gastos das cuotas, impostos e alugueiros, dos autónomos, comerciantes, agrarios afectados, e familias vulnerables. E tamén axudar aos pequenos arrendadores afectados que viven de eses ingresos.

Respecto das situacións que se produzan de precariedade nas persoas e unidades familiares estas deben de ser atendidas pola ordenanza de emerxencia social que aínda está pendente de aprobación definitiva e que ten que ser fortemente reforzada no seu orzamento, para axudar a cubrir as necesidades básicas que teñan

O Portavoz do Grupo Popular, Ricardo Perea, reunirase co Alcalde para poder avanzar na forma máis idónea para chegar ás mellores solucións e no menor tempo posible e espera que sexan todos os grupos políticos con representación no concello os que esteemos na procura de propostas e na toma de decisións.