O BNG pídelle ao goberno local que convoque aos grupos da oposición para abordar con rigor e seriedade a situación sanitaria do concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación nacionalista denuncia que por desgraza voltamos ao punto de partida, cun goberno local  que non comparece nin da explicacións sobre as actuacións que está levando a cabo para implementar as novas restricicións impostas por sanidade

O Grupo Municipal do BNG no concello, valora o informe sobre a situación epidemiolóxica no Concello de Ourense tras escoitar as recomendacións do subcomité clínico reunido para estes efectos.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

lembran os nacionalistas que dito comité considera que deben tomarse medidas concretas respecto ao Concello de Ourense, xa que no mesmo concéntrase a maioría dos casos, medidas como restricións respecto ao tamaño dos grupos (establecendo un máximo de 10 persoas para grupos non conviventes), limitacións de aforos en establecementos comerciais, hostalería e restauración, limitacións para a celebración de eventos e restricións respecto a festas, verbenas ou actuacións.

As conclusións do informe, inciden os nacionalistas, recomendan a adopción, con urxencia, de medidas de prevención específicas no Concello de Ourense para facer fronte aos brotes e as cadeas de transmisión existentes e garantir a súa contención, prevendo unhas medidas para o ámbito territorial indicado, conectadas cos factores de maior risco de transmisión.

A orde ditada o pasado día 02 de setembro, pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 no Concello de Ourense, non recolle unha lista pechada de medidas de prevención, senón que poderán adoptarse de acordo cos principios de precaución e de proporcionalidade que deben rexer nas actuacións en materia de saúde, as necesarias para facer fronte ao concreto risco sanitario de que se trate.

Doutra banda, destacan desde o BNG, as medidas de prevención que se recollen nesta orde teñen un evidente fundamento sanitario, dados os riscos de transmisión dunha enfermidade contaxiosa como a que nos ocupa, lembrando que a vixilancia, inspección e control do seu cumprimento corresponde aos concellos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade.

Polo tanto, os alcaldes e alcaldesas, como autoridade sanitaria, deben garantir nas referidas actividades, servizos e lugares de convivencia humana, os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía e, polo tanto, garantir a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas preventivas aprobadas pola Administración autonómica e daquelas que, no seu desenvolvemento, e atendendo á situación concreta, poida establecer o concello.

Desde o Grupo Municipal do BNG poñen de manifesto que ata onde eles saben, o goberno municipal non adoitou ningunha medida preventiva, alén de facer unha chamada ao cumprimento das recomendacións sanitarias e adiantar o peche das piscinas de Oira.

Inciden os nacionalistas en que o goberno municipal, non se puxo en contacto, nin cos grupos da oposición, nin co comité de saúde, nin coa Xunta de Persoal, para explicar que teñen pensado facer, e que medidas teñen pensado implementar en relación cos traballadores públicos, cos espazos públicos e cos centros do concello.

Para o BNG no Concello de Ourense, Desgrazadamente voltamos á situación de partida, a do confinamento, no que o goberno municipal non da ningunha información do que fai ou do que ten pensado facer.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------