Silvia Baranda, número tres da candidatura do PSOE reúnese co CCA

Silvia Baranda, número tres da candidatura de Paco Fumega á Alcaldía do Carballiño, reuníuse co presidente, Julián Garriga, e a xerente, Noelia Mares, do Centro Comercial Aberto, para analizar as actividades desenvolvidas conxuntamente entre Concello e a entidade representativa dos comerciantes e hostaleiros, e avanzar nun futuro marco de colaboración.