Os membros de ADO preséntanlle a Luis Menor a súa nova equipación deportiva grazas á colaboración da Deputación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 22 de outubro de 2024.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu esta mañá aos membros da Asociación de Discapacitados de Ourense (ADO) nun encontro no que os rapaces e rapazas quixeron amosarlle ao presidente provincial a súa nova equipación deportiva, conseguida grazas á colaboración da Deputación con esta entidade social.

Con esta equipación os mozos e mozas da nosa asociación poderán desenrolar os obxectivos de saúde psicofísica e socialización, claves para gañar independencia, algo sumamente necesario para os usuarios de ADO; sen esquecer tamén a representación que exercen da asociación e da provincia de Ourense nas diferentes actividades deportivas nas que participan por toda Galicia. Precisamente, neste aspecto, Luis Menor animou aos integrantes de ADO “a seguir representando así de ben á nosa provincia e defendendo de xeito maxistral os valores deportivos que levades sempre por bandeira”.