A Anpa do conservatorio do Carballiño de novo denuncia a falta de transparencia e participación da comunidade educativa na xestión do centro.
O pasado Martes celebrouse unha reunión do consello escolar debido a que o centro ten que aprobar con urxencia a “Programación Xeral Anual” (PXA) para presentar a Inspección educativa. A representación de NAIS/PAIS votamos “Abstención” xa que o documento non ven acompañado de ningún dato organizativo do centro nin memoria económica. A representacións de Pais/Nais non podemos votar a favor dun documento vacío de datos e vacío de obxectivos e solucións para o noso centro.
As reunións do consello escolar siguen sendo un puro trámite-estéril , na que non se atenden as propostas da comunidade educativa , e donde incluso agora nin se presentan as actas das anteriores reunións para súa aprobación. Cando hai que tratar algún punto incomodo para os responsables do centro “levantan a sesión” sin respetar e tratar a orden do día da reunión.
A concelleira de educación na reunión non anunciou ningunha mellora ou solucións para o centro, nin plazos para obras do radón e plan de autoprotección, ou plazos para solucionar as novas taxas . Tampouco hai solucións para a falta de profesorado e substitutos asi como a situación laboral do profesorado que siguen con contratos precarios , sin vixianza da saúde e protección de riscos laborais.
Asemade sigue sin solucionarse a discriminación dos alumnos da comarca que non están empadroados no Carballiño. A valedora do Pobo está a tratar unha queixa sobre a diferenza de trato por discriminación económica no pago das matriculas e diferenza de trato por desigualdades de oportunidades o acceso a ensinanza musical . Hoxe, tal como está a normativa que implantou a área de educación e de cultura do concello , un neno ou nena non empadroado/a na vila do Carballiño non pode acceder a ensinanza musical profesional no conservatorio do Carballiño . Na queixa presentada a Valedora do Pobo solicitase a Consellería de Educación da Xunta de Galicia que solucione a situación para os nenos da comarca por falta de oportunidades e opcións para realizar a formación musical profesional nun conservatorio público.
As nenas e nenos dos diferentes concellos da Comarca do Carballiño (Maside, Piñor de Cea, San Crístobal de Cea, Boborás, O Irixo , San Amaro, Beariz, Punxin,) accederon a educación musical no Carballiño sempre nun marco de igualdade de oportunidades e acceso sen ningún tipo de discriminación . Pedimos que os nosos gobernantes no Concello e na Consellería de Educación solucionen as discriminacións e diferenzas de trato entre os nenos da capital de Ourense e os nenos da comarca do Carballiño. Un neno da capital pode acceder o conservatorio autonómico ,financiados o 100% pola Xunta de Galicia, a ensinanza profesional musical sin apenas costes para as familias e con opcións a un ensino de calidade e unha ampla oferta educativa instrumental.