O estudantado do IES Nº 1 estrea ‘con ilusión’ un novo curso lectivo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O IES Nº1 do Carballiño abríu onte de novo as súas aulas na apertura do curso 2024-25 para acoller aos máis de 450 estudantes e 43 profesores que integran a comunidade educativa. E como xa é tradicional dende hai alguns anos, o salón de actos do centro educativo converteuse esta mañá no punto de referencia desta nova andaina, coa recepción do alumnado de Bacharelato e de ESO para escoitar as ponencias de Roberto Pascual, Laura Novelle, Celia Sieiro e Eligio Soto, exalumnos e exalumnas do centro educativo, e que expuxeron as súas vivencias e traxectoria dende aquela época.

Roberto Pascual, profesor na ESAD e director da MIT de Ribadavia nos últimos 15 anos, lembrou os seus primeiros pasos teatrais no propio instituto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade educativa do IES Nº1 afronta o novo curso ‘con ilusión’ e ‘enerxía positiva’, tal e como nolo contaba a súa directora, Almudena Mosquera.