Axenda cultural no Ribeiro para esta fin de semana

Mañá sábado, no recinto da Quixeira, en Arnoia, ás 20:45 horas, haberá unha actuación de teatro a cargo de Coles Teatro, ca obra “Arsénico de mesa”. Trátase dun dos cumios do humor negro, estreada en Nova York nos anos 40 e levada ó cine por Frank Capra.

Publicidade

En Melón, mañá sábado ás 19:00 horas no Mosteiro de Santa María, teatro musical para nenos con “Cantando os Cantares”, do grupo Truque Matruque. O domingo haberá un concerto de Carlos Núñez, ás 20:00 horas, nesta mesma ubicación. E o luns, teatro pola igualdade ca obra “A viaxe de Rosalía”, ás 20:00 horas e para todos os públicos.

En Castrelo de Miño, dentro do ciclo de Cine de Verán, proxectaráse na Praza da Igrexa de Astariz o flime “Green Book”, o domingo ás 22:30 horas.

O cine de Leiro proxectará o filme “Padre no hay más que uno 2”. As sesións serán hoxe venres, ás 22:30 horas. Mañá sábado, con sesións ás 16:00 horas, 18:15 horas, 20:30 horas e 22:30 horas. O domingo con sesións ás 16:00 horas, 18:15 horas e ás 20:30 horas. E o luns e xoves próximos, con sesións ás 18:15 horas e 20:30 horas.