‘Xantar’ reivindica o papel do medio rural no desenvolvemento de Galicia coma destino enogastronómico

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Salón Xantar pechou onte as portas da súa 25ª edición en Expourense pondo fin a catro días de intensa actividade, traballo e confraternización, nos que 90 expositores de cinco países deron a coñecer os seus recursos turísticos e gastronómicos. Asemade, tamén foron presentados produtos innovadores que, tal e como explicou no acto de clasura o director do evento, Rogelio Martínez, “están creados na meirande parte dos casos por pequenos produtores, algo que nos satisfai, porque así demostramos que o medio rural ten presente e moito futuro”. Conclúe unha edición especial, á das ‘vodas de prata’, na que a organización deu un paso máis cara a profesionalización de Xantar, cun programa con máis de 140 actividades repartidas en dúas aulas gastronómica e un aula de cata, que estiveron completas dende o primeiro día ata o último, e que contaron cun total de máis de 6.000 participantes activos, ata totalizar un rexistro de 17.000 visitas durante os catro días de celebración.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Consellería de Medio Rural facilitou a participación nesta feira internacional dunha ducia de pequenos produtores, e organizou un completo programa de obradoiros de cociña en directo, impartidos por coñecidos chefs galegos que ensinaron innovadores xeitos de cociñar produtos de calidade maridándoos con viños das cinco Denominacións de Orixe de Galicia. Tamén se organizaron catas comentadas de produtos coma o viño, o mel e queixos, e un Túnel do Viño no que estaban representadas 64 adegas das cinco D.O. e que ofrecían un total de 114 referencias.

Xantar tamén acolleu o 1º Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia, no que resultou gañador, na modalidade tradicional, o actual campión de España, Ramón Rodríguez, do restaurante O Cabo da Coruña. O segundo premio foi para Samu Curbeira, de Ankha Café do Ferrol, mentres os terceiros galardóns foron repartidos entre Esteban Rey, de Zahara Café do Ferrol, e Pedro Miño, de Adega Lastras, de Betanzos. Este mesmo cociñeiro resultou triunfador no eido das ‘tortillas con …’ cunha con papada ibérica con vieiras, sendo o segundo e terceiro premio para Manuel Vázquez, do bar Vitato de Lugo, cunha aposta polas manitas de porco, e María Rial, de Café Azucarillo de Pontevedra, cunha tortilla de xamón de castañas e queixo.

A reivindicación por parte dos concellos rurais veu da man de Purificación Domínguez, tenente alcalde do Concello da Arnoia, que falou do importante papel que xoga Xantar para que os pequenos municipios poidan promocionarse coma destinos enogastronómicos. Pero tamén fixo fincapé na necesidade de seguir investindo no medio rural para garantir o relevo xeracional e para que a agricultura non fose “económia de subsistencia o autoconsumo”, e poidera convertirse nun negocio estable xerador de ingresos e fixador de poboación.

E os visitantes que acudiron a esta cita anual en Expourense amosaron a súa satisfacción e gosto pola ampla variedade da oferta de instalacións hostaleiros e dos produtos de proximidade que se ofertaban dende os postos de promoción chegados dende diferentes localidades e rexións de Galicia e o exterior,