O alcalde de Taboadela eloxía o plan cooperou da Deputación de Ourense para o financiamento dos concellos da provincia adoptado grazas ao Psdeg-Psoe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Antes do CooperOu os concellos non contabamos coa suficiente autonomía financeira para tomar as nosas propias decisións e levar a cabo obras alí onde realmente era necesario”, subliña Álvaro Vila.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Para o alcalde de Taboadela, no pasado “era a Corporación Provincial a que decidía canto e para que se destinaban os recursos, sen tomar en consideración as auténticas necesidades da veciñanza”.

“A través do traballo do Grupo Socialista na Deputación os concellos conseguiron achegas económicas inéditas e sobre criterios obxectivos, sendo unha vella demanda do PSdeG-PSOE”, di Vila.

Abeledo (Taboadela), 8 de novembro de 2024. Os integrantes do Grupo Provincial Socialista na Deputación de Ourense continúan a súa xira pola provincia para dar conta do impacto positivo da aplicación do plan único de reparto de fondos entre concellos (CooperOu) impulsado polo PSdeG-PSOE. Desta volta acudiron ao concello de Taboadela onde, acompañados do seu alcalde, quen tamén é voceiro do Grupo Provincial Socialista, Álvaro Vila Araújo, as socialistas constaron o estado de avance de varias obras que se están a implementar grazas aos fondos do CooperOu.

Unha das actuacións estase a levar a cabo na Aira de Abaixo de Abeledo, “onde foi precisamente o concurso dos recursos do novo plan único o que nos permitiu rematar as obras de humanización do pobo”, declara Vila. Segundo o alcalde de Taboadela, estes traballos son posibles en virtude do CooperOu, xa que “antes non contabamos coa suficiente autonomía financeira para que os concellos tomasen as súas propias decisións e levasen a cabo obras alí onde realmente era necesario”.

O concello de Taboadela percibía 77.000 euros anuais até a aprobación do CooperOu grazas ao traballo do Grupo do PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense. Trala aprobación deste novo mecanismo de financiación, que se basea en criterios obxectivos, o municipio pasou a recibir máis de 460.000 euros tralas modificacións de crédito, tamén impulsadas polos socialistas, a finais de 2023 e ao longo deste exercicio económico.

Autonomía dos concellos para obras necesarias

“Anteriormente, amais de contar con moitos menos recursos, o obxecto das obras viña determinado de xeito caciquil e unitario por parte da Deputación”, subliña Vila. Fronte ao principio de autonomía municipal, “era a Corporación Provincial a que decidía canto e para que, sen tomar en consideración as auténticas necesidades da veciñanza”, sostén o voceiro socialista na Deputación.

Vila estima que “a través do traballo do Grupo Socialista na Deputación os concellos da provincia conseguiron achegas económicas inéditas, nunca vistas e sobre a base de criterios obxectivos, o cal era unha vella demanda do PSdeG-PSOE”.

“Contamos con máis recursos, de xeito estable, sabendo o que imos percibir ao inicio de cada ano e temos a capacidade de facer actuacións onde os alcaldes consideramos que son realmente necesarias, alí onde o demanda a veciñanza”, sentenza Vila.

audio con valoración do voceiro provincial e alcalde de Taboadela, Álvaro Vila, en relación ao Plan Coperou impulsado polo PSdeG-PSOE de Ourense na Deputación Provincial.

https://drive.google.com/file/d/1REYO3q_qOFmCwy8-FUo6RJc6PitavZwF/view?usp=drive_link