Accidente de tráfico na Avenida 25 de Xullo deixa feridos leves

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá na Avenida 25 de Xullo mobilizou aos servizos de emerxencia. O incidente ocorreu ao redor das 10:00 horas, cando un vehículo impactou por alcance a outro, que terminou chocando contra un automóbil estacionado na vía.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e varias ambulancias para atender a emerxencia. Segundo os primeiros informes, os ocupantes dos vehículos implicados presentaron feridas leves e foron trasladados a un centro de saúde próximo para recibir atención médica.

A Avenida 25 de Xullo é unha zona coñecida pola súa elevada sinistralidade, tanto por accidentes de tráfico como por atropelos a peóns, o que subliña a necesidade de reforzar as seguridade viaria na área.

As autoridades xa traballan en aclarar as circunstancias.