Os magos celebran San Juan Bosco cun festival de actuacións esta fin de semana no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O tradicional “Festival Máxico San Juan Bosco” terá lugar no Carballiño do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro, organizado polo colectivo de magos e ilusionistas nesta edición correspondente a 2025. O evento, que acollerá as actuacións de 14 magos e a presencia de outros 30 chegados de diferentes puntos de Galicia, foi presentado esta mañá na Casa do Concello polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os magos Grand Martin e Ninou, dous dos seus promotores.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na primeira xornada do día 31, venres, oficiarase ás 19,00 horas unha misa na honra de San Juan Bosco no templo parroquial da Veracruz, e dende as 20,30 horas está programada no Café Bar Lérida a gala de apertura do evento, coa participación dos magos Maika, José Rivera e Deimi. O sábado, 1 de febreiro, de 16,30 a 18,00 horas, está prevista a celebración dun obradoiro de maxia no Hotel Restaurante O’Xardín, que correrá a cargo de Fernando Izquierdo Moreno, Magoninou e Antonio Medina Caro (Toneco). Tódalas persoas interesadas en participar nesta sesión de formación, orientada a maiores de cinco anos, poden inscribirse mediante o pago dunha cuota de 15 euros.

De seguido, ás 18,30 horas, e na mesma ubicación, haberá unha ‘Gala familiar’ cos magos Fernando Moreno, Guto e Daniel (O Mago da Boina). O festival trasladarase, á medianoite, ata a Cafetería Casino, cunha ‘Hora máxica’ protagonizada polos magos Alberto, Richard e Ninou. Na derradeira xornada do domingo 2 de febreiro, os ilusionistas terán a oportunidade de asistir, no Hotel Restaurante O’Xardín, ás 11,00 horas, a unha conferencia de Armando Gómez, e logo reunirse nun ‘máxicocido’ ou xantar de confraternidade a partir das 14,00 horas.

O festival rematará ás 18,00 horas, na Casa da Cultura do Carballiño, coa gala de clausura, na que se poderán presenciar as actuacións de O Mago, David Méndez e Armando Gómez. Dende a organización lémbrase que a asistencia a tódalas galas é de acceso totalmente libre e gratuíto.