A Anpa do conservatorio dirixe unha nova carta a Valedora do Pobo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Á atención da Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Estimada Sra. Valedora:                                                                         O Carballiño   03 de febreriro do 2025

Diríximonos  a vostede novamente en relación coa queixa presentada anteriormente (Expediente: D.3.Q/12922/24), rexistrada con data 03/09/24, sobre a discriminación no acceso ao Conservatorio Profesional e Escola de Música do Carballiño, debido á instrución municipal e a ordenanza fiscal que discrimina  aos alumnos non empadroados  empadroados no municipio.

Como xa sabe, vostede  emitiu unha resolución con data de 08/11/24  na que considera que a diferenciación entre persoas empadroadas e non empadroadas en relación cos tributos e prezos públicos municipais non se axusta a dereito, e declarou nulas as cláusulas que determinan a preferencia do alumnado empadroado no acceso ao Conservatorio Profesional.

Con todo, diríxomonos  a vostede con gran preocupación, xa que o Concello de Carballiño non modificou a ordenanza fiscal nin anulou o decreto en cuestión. Isto resulta especialmente alarmante, xa que se achega o inicio dun novo proceso de admisionado  e matriculación para o curso 2025-2026, e tememos que a situación de discriminación se repita se non se toman medidas urxentes.

Asemade , gustaríanos sinalar que esta situación tivo un impacto negativo significativo na comunidade educativa do Conservatorio. A implementación da ordenanza fiscal e a instrución municipal, ao xerar unha diferenciación de prezos e prioridades baseada no empadroamento, provocou a marcha dun número considerable de alumnos que, a pesar do seu talento e dedicación, non poden facer fronte ao custo incrementado da matrícula. Esta perda de talento non só afecta aos estudantes individualmente, senón que tamén debilita a calidade e diversidade da formación musical ofrecida polo centro. Así mesmo, esta situación danou a imaxe do Conservatorio, xerando unha percepción de inxustiza e falta de equidade que disuade a futuros aspirantes e erosiona a confianza da comunidade na institución. É fundamental destacar que esta problemática non só prexudica aos alumnos non empadroados, senón que tamén castiga ao alumnado que xa estaba asentado no centro, que viu interrompida a súa formación musical e se enfrontou á frustración de non poder continuar os seus estudos debido a unha discriminación arbitraria. Esta situación contravén principios fundamentais de igualdade de oportunidades e acceso á educación, e esixe unha pronta rectificación por parte do Concello.

Polo tanto, rógamoslle  encarecidamente que inste ao Concello de Carballiño a cumprir coa súa resolución e a modificar a normativa en cuestión de maneira inmediata. É fundamental garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación musical e evitar que se repitan situacións de discriminación que prexudican aos alumnos non empadroados.

Agradecemos de antemán a súa atención a este asunto e confíamos en que a súa intervención será decisiva para resolver este problema que afecta a numerosos estudantes da comarca.