O Carballiño sobe ós 143 casos activos, á espera da reunión do comité clínico esta tarde

A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, rexistra hoxe 143 casos activos. Maside sobe ata os 34 casos. Boborás conta con 17 contaxios. San Amaro, Punxín e San Cristovo de Cea contan con 11 casos cada un deles. O Irixo conta cun caso e Beariz e Piñor están libres de covid. No Ribeiro, Ribadavia sobe ós 48 casos activos.

A comunidade galega rexistra hoxe 2.361 contaxios, un ritmo de novos positivos que presenta un equilibrio. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 25.796, a cifra máis alta dende o inicio da pandemia. A ocupación das camas dos hospitais equilíbrase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 50 (+2) están en UCI e 246 (+28) en unidades de hospitalización.

AVANTAR ACTIVIDADES

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 141 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 2.774 casos activos, un leve repunte. Os hospitais hoxe presentan 47 (+9) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (=)  na UCI.

Ante este récord de cifras, hoxe reuníase o comité clínico, ás 18:00 horas, para tomar as decisión que poden marcar o Fin de Ano. Mañá faranse públicas as posibles novas medidas.