Unha colaboración entre o profesor carballiñés Jose Manuel García Iglesias e o alumno Santi Santos é o novo de ” Los Limones “

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Boas noticias para os fans de Los Limones. O grupo de Santi Santos volve á carga con novidades que farán deste un ano moi limonero. Los Limones anuncian nova etapa con Más limóns, ultiman as datas da súa xira 2025, e estrean o single Volver empezar, toda unha declaración de intencións. A canción estreouse  en primicia en directo no concerto especial do 60 aniversario de Santi Santos.

O country pop característico dos mellores momentos da súa discografía toma protagonismo no novo single, Volver empezar, unha canción composta por Santi Santos sobre a letra de José Manuel García Iglesias, Catedrático de Historia de Arte Moderna e Contemporánea na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

A ilustre colaboración cobra un sentido especial porque García Iglesias foi ademais profesor de Santi Santos na universidade, «de Renacemento en 3º e de Barroco Galego en 4º», lembra o propio artista, moi emocionado ante a posibilidade de musicar unha letra do seu mestre.

O grupo presentará Más Limones en casa, en Ferrol, en pleno Entroido, o vindeiro venres 28 de febreiro no Auditorio Municipal, e anunciará proximamente as seguintes citas da súa nova xira. Ademais estrearon novas redes sociais, podes seguilos en Instagram  los.limonesoficial y en Facebook en LimonesOficial.