Presentación na sede da Fundación Vicente Risco dos libros: “Leria e Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco” e ” Vicente Risco”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Maña sábado, 25 de setembro, ás 12,30 horas, na sede da Fundación Vicente Risco, presentaremos os libros editados pola Editorial Galaxia: Leria e Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco, e Vicente Risco por Carlos Casares.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Seguindo co aniversario da Xeración Nós a Editorial Galaxia reedita dous libros fundamentales de Vicente Risco, e un escrito por Carlos Casares sobre el.

Vicente Risco publica Leria en 1961, unha recompilación de ensaios e colaboracións en prensa, fundamentais para coñecer a evolución dos homes da súa xeración, como o titulado “Nós, os inadaptados”, e relatos como “A Coutada” e “Dedalus en Compostela”, ademais dunha breve escolma de artigos publicados antes da Guerra Civil, que, en palabras do autor, son “unha sorte de transfiguración metafísica da Terra na súa mesma materialidade”, onde “se pode observar a cobiza do pór o pensamento galego en comunicación coas correntes do mundo”.

En decembro de 1917, Vicente Risco incorporouse ás Irmandades da Fala e, ao ano seguinte, comezou a súa contribución ideolóxica coas súas colaboracións en A Nosa Terra.

En 1920 publica Teoría do nacionalismo galego, un dos textos políticos máis influentes e relevantes da Galicia do século XX, que recolle o legado galeguista que o precede e onde define a nación como un feito natural baseado na terra, a raza, a linuga, a organización social, a mentalidade e o sentimento, incluíndo Galicia entre as civilizacións atlántica e célticas.

Carlos Casares narra un retrato sincero que nos achega á dimensión máis humana e verdadeira de Risco.

Carlos Casares aproxímanos neste biografía a unha das máis importantes figuras da Xeración Nós. O autor preséntanos de forma obxectiva a un home que foi o definidor teórico do nacionalismo galego e un dos seus dirixentes máis destacados.