Senra e López comezan o campionato Xunta de Galicia de rallyes Recalvi con victoria no rali do Cocido

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Víctor Senra e Moncho López, aos mandos do Hyundai I20N WRC, foron os gañadores e dominadores da 29 edición do Rali do Cocido, primeira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.

Un inicio de certame marcado pola climatoloxía e que puxo a proba a resistencia dos máis de 100 equipos inscritos e os milleiros de afeccionados que se desplazaron ata os treitos dos concellos de Lalín e Rodeiro.

No medio do frío, a chuvia e a lama, Senra e López non deron a máis mínima opción aos seus rivais, que só puideron acortar diferenzas co vixente campión galego nos treitos da tardiña.

Desta forma, Senra e López completaron os dez treitos marcados pola Escudería Lalín-Deza en 1:02:45.106, algo máis de 44 segundos máis rápidos que o segundo equipo clasificado, formado por Alberto Meira e Avelino Martínez, que no Skoda Fabia R5 sumaron o primeiro triunfo da tempada no Supercampionato R5 Pirelli – Recalvi.

O terceiro chanzo do podio foi para Daniel Berdomás e Brais Mirón, que se deixaron 58 segundos co vencedor da proba na estrea do Hyunda I20 Rally2 co que competirán no Campionato de España de Asfalto (2º Supercampionato R5).

Completaron os cinco primeiros postos da clasificación xeral Jorge Pérez e Manuel Raído, na súa segunda proba aos mandos do Ford Fiesta WRC e Abel Pampillón e José Lage, no Mitsubishi Lancer Evo R4.

Os terceiros clasificados dentro do Supercampionato R5 Pirelli Recalvi foron Javier Ramos e Álex Moure, no Peugeot 208 T16 R5.

Pampillón e Lage foron ademáis os gañadores da Top Ten Pirelli Driver Autia B, seguidos de Antonio Fernández “Ventura” e Álex Vaqueiro e de Marcos Diaz e Víctor López.

Manuel Souto e Raquel Rodríguez foron os mellores dentro da Top Ten Pirelli Driver Autia C aos mandos do Peugeot 208 R2. A continuación, os irmáns Iván e Diego Vázquez e Pablo Sánchez e Rubén Tourón.

No Clio Trophy Galicia, primeira victoria para Iván e Diego Vázquez que aventaxaron en 31 segundos aos actuais campións Álvaro Casto e Ricardo Rey, penalizados pola perda dun minuto nun control. O terceiro posto foi para os debutantes no formato, Guillermo Martínez e Nacho Sayáns, a algo máis dun minuto dos vencedores.

Carlos Conde e Pablo González romperon a súa mala racha de resultados e impuxéronse na Pirelli AMF MS, seguidos de Omar e Iván López de Óscar Gallego e Uxía Rodríguez.

Primeiro posto dentro do Volante FGA para Alexis Vieitez e Antía García, con 12 segundos de vantaxe sobre Alejandro Castro e Héctor Taboada, que lideraron a cita durante grande parte do sábado. Ánxel Vizoso e Brais López foron so terceiros clasificados, sumando a súa primeira victoria da tempada dentro da PXP-26. Adrián Garrido e Álvaro Novoa foron segundos na PXP.

Martín Varela e Laura Díaz sumaron o primeiro pleno de puntos da tempada no Criterium Galicia Recalvi, aventaxando en 26 segundos a Adrián Regueira e Adrián Muñiz e en 54 a Yeray González e Borja Grandal.

Varela e Díaz aupáronse ademáis ao primeiro posto da clasificación da Beca 24, seguidos de González e Grandal e de Hugo Rodríguez e Brian Garrido.

A próxima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi terá lugar os días 21 e 22 de marzo con motivo do Rallye de A Coruña.