A comisión executiva municipal do Psdeg de Ourense reivindica a obra de Castelao dende unha perspectiva “nova e emocionante” nun acto aberto á cidadanía

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“Queremos conmemorar o ano Castelao. Queremos reivindicar a súa obra, que é parte fundamental da nosa historia e cultura, dende unha perspectiva nova e emocionante da súa creación”, adianta a secretaria de Educación da CEM, Cristina Cruz

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Será este venres, diante da Biblioteca Nós, ás 19:00, e da man da actriz ourensá Uxía Morán

Ourense, 26 de marzo de 2025A agrupación municipal do PSdeG de Ourense celebra este venres, diante da Biblioteca Nós (na praza da II República), un acto para homenaxear o legado e obra de Alfonso Rodríguez Castelao ante a ausencia total de programación por parte do Concello no ano en que se conmemoran 75 do seu pasamento.

Neste senso, a secretaria de Educación da Comisión Executiva Municipal (CEM), Cristina Cruz, incide en que urxe implementar políticas que promovan a cultura e a prol do galego e que a veciñanza da terceira urbe de Galicia debería contar cunha programación variada como acontece noutras cidades.

“Queremos conmemorar o ano Castelao. Queremos reivindicar a súa obra, que é parte fundamental da nosa historia e cultura, dende unha perspectiva nova e emocionante da súa creación”, adianta a socialista sobre a interpretación que será de balde.

Da man da actriz Uxía Morán, as e os asistentes ao acto poderán achegarse a diferentes personaxes icónicos do escritor. “Esta é a nosa forma de plantar cara á falta absoluta de programación cultural por parte do Concello de Ourense”, remata explicando sobre a motivación do acto que dará comezo ás 19:00 horas.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da secretaria de Educación da Comisión Executiva Municipal, Cristina Cruz:

https://drive.google.com/file/d/1O6LcRBbUssg_LrJin_LA0JZPtjoPi-Tj/view?usp=sharing