Trescentos rapaces de toda Galicia desfrutarán do baloncesto 3×3 no Torneo Júnior NBA WNBA

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación do evento, que se celebrará este sábado no Paco Paz

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trátase dun programa de baloncesto xuvenil que ensina aos mozos habilidades de xogo e valores como o traballo en equipo e o respecto

Ourense, 5 de maio de 2025.

O deputado de Deportes, César Fernández, participou hoxe na presentación do Torneo Júnior NBA WNBA FEB 3X3, que se celebrará este sábado, 10 de maio, no Pazo dos Deportes Paco Paz

A presenza en Galicia desta cita conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e a Deputación de Ourense. Preto de 300 rapaces de toda Galicia desfrutarán do baloncesto 3×3 vinculando a experiencia ao universo NBA/WNBA. Os rapaces vestirán as cores dos equipos NBA nun evento con acceso libre.

NBA/Jr. WNBA é o programa global de baloncesto xuvenil da liga para mozos e mozas que ensina as habilidades fundamentais, así como os valores fundamentais do xogo (traballo en equipo, respecto, determinación e comunidade) para axudar a crecer e mellorar a experiencia do baloncesto xuvenil de xogadores, adestradores e pais.

A cita de Ourense é a segunda das tres que nesta edición se vivirán en España. A primera delas, xa celebrada en Extremadura o pasado 26 de abril. A terceira será en Tenerife o 17 de maio.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------