
O Carballiño, 13 de maio de 2025 – Este venres 16 de maio, ás 19:00 horas, o Salón de Actos do Concello do Irixo acollerá a presentación do libro “O Irixo”, de Xulio Dobarro. O acto, que coincide coa véspera do Día das Letras Galegas, estará presentado pola alcaldesa Rosa M. Dalama Lousado e contará cun prólogo a cargo do catedrático emérito de Historia da Arte da USC, Xosé Manuel García Iglesias, colaborador de Badal Novas e autor de “La iglesia de Banga“…
A obra, estructurada en tres partes, ofrece unha mergullanza na memoria e nas tradicións da comarca:
- “O Irixo, memoria viva e morrediza (2020-2024)”, compilación dos seus artigos en Badal Novas.
- “A farsa de Cusanca e Orcellón”, un texto dramático baseado na historia local.
- “Tres contos inocentes”, relatos de temática costumbrista.
Dobarro, colaborador habitual do diario dixital badalnovas.com —onde publicou máis de 90 artigos sobre o Irixo, as súas parroquias, xentes, toponimia e patrimonio—, achega con este libro unha homenaxe á súa terra.
O acto pechará cunha actuación especial do grupo de pandereteiras “As Ferreñas do Testeiro”, nunha celebración anticipada da cultura galega.
Convidados medios e público a compartir este encontro coa literatura e as tradicións do Irixo.