Cine Club proxecta mañá venres a película “Parthenope” no Auditorio do Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Cine Club Carballiño ofrecerá mañá, venres 16 de maio, unha das películas máis esperadas da tempada, “Parthenope”, a última do director italiano Paolo Sorrentino. Sorrentino é xa un clásico na programación da entidade carballiñesa (“A gran beleza”, “A mocidade” ou “Loro”, entre outras) e o seu cine nunca deixa indiferente.

O filme conta a longa viaxe da vida de Parthenope, desde o seu nacemento en 1950 ata hoxe. Unha epopea feminina desprovista de heroísmo pero rebordante dunha paixón pola liberdade, Nápoles e os rostros do amor, todos eses amores verdadeiros, inútiles e indicibles. O perfecto verán de Capri, o desenfado da xuventude.

E logo, todos os demais napolitanos, homes e mulleres, observados e amados., desilusionados e vitais, as súas ondas de melancolía, as súas ironías tráxicas e as súas miradas abatidas. E aí, ao fondo, Nápoles. Protagonizada pola actriz Celeste Dalla Porta, a película foi nominada á Palma de Ouro no Festival de Cannes.

Os pases serán como é habitual ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en versión orixinal subtitulada, no Auditorio Manuel María do Carballiño.