‘Vive Avión’ foise de moenda co alumnado do CEIP Virxe de Guadalupe

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Asociación Cultural ‘Vive Avión’ participou este pasado mércores nunha excursión á localidade de Amiudal na que os protagonista foi o alumnado do CEIP Virxe de Guadalupe. Os estudantes, acompañados polo profesorado do centro de ensino, asistiron á recreación dunha actividade noutrora esencial no municipio de Avión: a moenda do millo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así, a expedición dirixiuse ao marco incomparable da presa e o Muíño de Xustos, situado no río Avia, grazas a colaboración de César Rodríguez Terrazo, que lles explicou aos escolares o funcionamento do mecanismo do muíño. “Tan só quedaba botar a auga no rodicio e xurdíu a maxia producida polo roce das dúas pedras:o gran de millo convertido en fariña”, comentan dende o colectivo cultural de Avión.

“Este muíño tan só é unha pequena mostra das infraestruturas que se crearon para aproveitamendo do territorio mediante a produción do millo: quilómetros e quilómetros de levadas coas súas presas, centos de canastros coas súas eiras, ducias e ducias de muíños e fornos, constituíndo un patrimonio etnográfico inmenso”, conclúen.